PINTURA
ESCULTURA

Xavier Pousa

XPOUSACUPULA.jpg  








CUPULA SANATORIO

Mondariz Balneario . 1998
   

1931. Nace en Goián (Pontevedra) o 13 de abril. Segundo fillo do matrimonio composto por Francisco e Ernestina. O seu pai, emigrado en Brasil, morre antes do comezo da guerra civil española, sen coñecer ó seu fillo.

1944. 0s 13 anos, nunha visita que o pintor Antonio Fernández (xa daquela retirado en Goián despois dunha prolongada vida entre Brasil e Italia) fixera a súa casa, e a petición do seu avó Serafín, móstralle os seus primeiros debuxos. O pintor decide tomalo coma alumno, e así iniciase no coñecemento do debuxo e da pintura. Deste mestre herdara o amor a natureza e o rigor do traballo.

 1946. Pinta os seus primeiros cadros ó óleo. En Vigo ten o seu primeiro encontro co pintor Laxeiro.

 1948. Invitado pola familia Álvarez-Builla, va¡ a Madrí coa única intención de coñece-lo Museo do Prado. Unha vez alí descobre o Museo de Arte Moderno e a Casa Sorolla. Vai tamén a Toledo para ve-la pintura do Greco.

 1950. 0s 19 anos é pensionado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño para estudiar en Madrí. Asiste á clase libre de debuxo no Círculo de Bellas Artes e copia os grandes mestres no Museo do Prado. Entabla amizade co pintor Álvarez de Sotomayor, daquela director do Museo do Prado.

1951. Ingresa na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Período no que coincidiu con Enrique Gran, Antonio López, Carmen Laffón, Lucio Muñoz, Godofredo Jiménez, Tomás Egea, etc. Realiza a súa primeira mostra en Pontevedra.

1952. Fai a primeira viaxe a París no verán, para estudar os pintores impresionistas e as novas tendencias da arte. O poeta Cuña Novás preséntalle nesta cidade a Manuel Colmeiro.

1953. Viaxa a Cataluña en compaña do escultor Xoan Piñeiro (co que compartía estudio en Vallecas) para coñecer a fondo a arte románica e gótica. Seguen a Italia, viaxando por todo o país, onde descobre os pintores do Quatrocento, como Piero della Francesca.

1954. Viaxa a Alemania, Holanda e Bélxica para estudiar a Pintura Holandesa e Flamenca, principalmente nas cidades de Amsterdan, Gante, Brujas e Bruselas. En Holanda atópase coa obra de Van Gogh da colección Kroller-Miller, en Otterlo, que o impacta fundamente. Realiza unha exposición con varios compañeiros da Escuela de Bellas Artes de San Fernando na galería Macarrón.

1955. E pensionado a El Paular, con residencia en Segovia, pintando os campos da Vella Castela e expoñendo a súa obra nesta cidade. Concédeselle o Premio de Estado "Carmen del Río" e neste mesmo ano, coñece en Santiago de Compostela a Carlos Maside.

1956. Obten o "Premio Sésamo" polo cadro "Plaza de Santo Domingo", adquirido polo Museo de Nuestra Señora del Rosario de A Coruña. Con excelente acollida da crítica, realiza na "Sala Macarrón" de Madrí a súa primeira mostra individual nesta cidade. prácticamente a totalidade da obra desta exposición foi vendida, parte destes cadros marcharon a Lima, California e Caracas e outros quedaron en Madrí. Remata os seus estudios na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Neste mesmo ano marcha a Viena, pasando de novo por Venecia, onde pintou algúns cadros. Queda a residir en Munich onde asiste a un curso na súa Escola de Belas Artes, aquí vive no barrio bohemio de Swabing, e toma o seu primeiro contacto cos pintores expre- sionista da postguerra. En Munich realiza unha exposición da súa obra na Internacional Hous.

1957-58. Segue a vivir en Madríd, cumpre cos seus deberes militares, aínda que non era sumiso. 

1959. Volta a Galicia. Expón en Vigo, na Sala Foto-Club. Nesta mostra vaise perfilar o que sería a súa traxectoria posterior, reafirmándose máis na corrente figurativa, coa aportación das expe- riencias anteriores noutras tendencias. 

1962. Expón en Ourense e fixa a súa residencia nesta cidade durante uns anos, formando parte de "7 Artistas Galegos". Inicia unha serie de debuxos a carbón co tema de nocturnos nas vellas cidades galegas. 

1964. Expon cos artistas ourensáns en Barcelona, no Palacio de Santa Cruz, co gallo da Semana Cultural Galega organizada pola Ciudad de los Muchachos. Atópase en Vigo co pintor Arturo souto. 

1965-66. Co grupo "7 Artistas Galegos" realiza exposicións en Santander e Vigo. 

1966. Xunto a parte dos artistas do grupo de Ourense realiza o encargo de decorar coas súas pinturas o Hotel Mindanao de Madrí e algúns Paradores de Turismo. Con varios membros deste mesmo grupo farán unha viaxe arredor do Mediterráneo, voltando de novo a Italia e coñecendo Grecia, Turquía, Siria, Líbano, Exipto, chegando até a presa de Assuan, entón en construcción. Nesta viaxe entraron en contacto co berce da civilización: as culturas exipcia, mesopotámica, cretense, grega, asiria, caldea, etc., onde poideron comprobar cos seus ollos que "as ruinas de Palmira" eran unha realidade e non unha lenda da cultura galega. 

1967-68. Reside en Madrí onde ten un estudio e casa con Carmela. Nesas datas funda con outros compañeiros a "Estampa Popular Galega", mostra itinerante que ten por obxecto levar polas vilas e aldeas galegas o coñecemento dos nosos pintores e grava- dores. Despois da súa exhibición en Santiago, Parga, Monforte de Lemos, Vigo, A Guarda e en Tui, aquí remata de súpeto este proxecto por non ser do agrado da brigada político-social. 

1969. Fixa a súa residencia en Vigo. Segue realizando mostras individuais e participando en toda Galicia e noutras cidades de España. Neste ano pinta o tríptico "O Dardalleito".

1970. Primeira mostra na Caixa de Aforros de Vigo, na que se exhibe "Procesión de San Campio", adquirido polo Museo de Castrelos. A partir desta data exporá periódicamente nas salas de Caixavigo.

1971-72. Neste curso da clases como Profesor de Debuxo no Instituto de Bacharelato de O Calvario en Vigo.

1976. Viaxa por América dende o Canadá até as cataratas de Iguazú, pasando por Estados Unidos, México, Venezuela e Brasil. Impresionárono moito as pinturas murais de Diego de Rivera en México e no Brasil as de PortinarL

Durante a década dos 70 traballa intensamente no eido da paisaxe, realizando xunto co escultor Buciños unha viaxe a Inglaterra.

1980-84. Ademáis das exposicións nas principais cidades galegas, realiza mostras da súa obra en Madrí na Sala Macarrón, na KarI Galleries de Toront e participa na Bienal da paisaxe en México. Durante estes anos adícase intensamente á pintura, fundamentalmente utilizando a técnica do óleo en diversos soportes. 

1989. Viaxes a Escandinavia e a Berlín, pouco antes da caída do muro. 

1992. No outono volta unha vez máis á Toscana, tamén con Buciños, e acompañados nesta ocasión por Elsa Pérez Vicente e Antón Abreu Bastos, para gozar da exposición do Quinto Centenario do nacemento de Piero della Francesca, pintor que descubrirá na sua viaxe de 1953. 

1993. Realiza a súa última exposición de obra escollida, na Casa da Parra en Santiago de Compostela. Obras súas figuran nos Museos de Bellas Artes de A Coruña, "Carlos Maside" de Sada (A Coruña), Provincial de Pontevedra, "Bello Piñeiro" de Ferrol, os municipais de Ourense e de Lugo, no "Qiñones de León" en Vigo, e en coleccións privadas de Alemania, Bélxica, Brasil, Canadá, España, Holanda, Portugal, USA, Venezuela e Zimbawue. A súa obra tamén pódese admirar en centros oficiais como o Parlamento e Xunta de Galicia, Concellos galegos e Universidade de Santiago de Compostela. Ten sido incluido ademáis en libros como "Plástica Gallega", "1 2 Pintores Gallegos", "Enciclopedia Gallega", etc., así como en revistas de Arte.

1994. Realiza a súa la Exposición Antolóxica no Centro Cultural Caixavigo onde expón 69 obras que reflexan 50 anos da súa traxectoria

1995. No mes de maio expón na Nueva Sala de Exposiciones de Caixavigo as súas últimas obras.

1995. Expon na Galería Faunas de Madrid.

25 de enero de 1996. Toma posesión como membro da Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

Dende 1997. Dirixe a Beca de Paisaxe da Fundación Mondariz-Balneario. 


ENLACES DE INTERÉS

PATRONATO
EMPRESAS COLABORADORAS