TRADICÓN MÚSICAL

Rogelio Groba Groba
 

rgroba1.jpg  

Compositor, Director de Orquesta e Pedagogo. Ata a actualidade compuso máis de 300 obras de tódolos xéneros, dende o lied, ata a música de cámara, concertos para solistas e orquetra, música sinfónica, coral, ballets e do xénero operístico.

1943
Rogelio Groba (primero por la izquierda de la fila inferior), acompañado de un grupo de miembros de la Banda de Música »A Unión», de Guláns. 1943

 

Realizou os seus estudos musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid, onde obtivo o Título Superior na especialidade de Composición con pimeiros premios de Harmonía e Contrapunto e Fuga.

Posteriormente traladouse a Suiza, pais no que residíu durante sete nos, onde obtivo o Premio Intenacional de Composición Dante Luini.

 Foi nomeado Director da Banda – Orquesta Municipal de A Coruña, agrupación na que permaneceu durante vintetres anos. Simultáneamente fundou a Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña, así como a Orquestra de Cámara Municipal.

rgroba2.jpg  

Exerceu como profesor de Harmonía, Contrapunto e Fuga, e Composición no Conservatorio Superior de Música da Coruña, do que foi Director durante vinte anos e fundou numerosos conservatorios dentro da xeografía galega.


Rogelio Groba dirigiendo la Orquesta de Cámara Municipal de A Coruña. 1982.

 

Conta cunha ampla discografía e é autor de varios ensayos e libros. Dende 1990 dedícase exclusivamente á creatividade musical, eido no que foi recoñecido con distincións coma o Premio da Crítica Galega, concedido en 1979, o Premio Xunta de Galicia da Cultura en 1992, a Medalla Castelao en 1995, o nomeamento como Galego do ano en 2002, ou o Premio Auditorio de Galicia en 2004.

Émembro do Instituto Xosé Cornide de Estudios Coruñeses, da Academia de Belas Artes de Galicia e da Real Academia de San Fernando de Madrid.

Fotografías procedentes de la web: http://www.fundacionrgroba.com 23 de setembro de 2006
Concerto para a estrea da obra do mestre Rogelio Groba Groba "No Balneario de Mondariz"

A orquestra de cámara galega ofreceu o 23 de setembro de 2006, un concerto para a estrea da obra do mestre Rogelio Groba Groba "No Balneario de Mondariz". 

O concerto tivo lugar na Auditorio do Balneario de Mondariz . 

O Programa tiña dúas partes: 

PRIMEIRA PARTE: 
- Divertimento en Re M KV 136 (W.A. Mozart) I.- Allegro II.- Andante III.- Presto - Sinfonía nº 6 (La casa del diablo) (L. Boccherini) I.- Andante sostenuto – Allegro assai II.- Andantino III.- Andante sostenuto - Allegro 

SEGUNDA PARTE:
- Zarabanda sobre un tema de Haendel (R. Groba) - No Balneario de Mondariz I.- Aos Peinador II.- No lecer III.- No pazo da auga IV.- No palco da música 



ENLACES DE INTERÉS

PATRONATO
EMPRESAS COLABORADORAS