Noticias
24-04-2014
Empresarios y académicos

 

XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ

 Nunca acontecerá tal cousa desde que se fundara a Real Academia Galega; pero foi así: unha ampla representacions dos seus académicos co seu presidente reuníronse co Foro E. Peinador os pasados días no Balneario de Mondariz para debatermos proxectos de normalización lingüística. A anfitrioa de tal encontro foia Fundación Mondariz-Balneario que retomando o fío da historia quixo rememorar aquelas xuntanzas que Enrique Peinador Lines tiña por costume convocar para poñer en marcha iniciativas que artellasen a sociedade galega arredor da innovación e galeguidade; un idealista e ilusionador de grata memoria.
 Nun ambiente distendido e con todas as formalidades do caso fóronse sucedendo as intervenciónsj e académicos e empresarios ás que se uníu a do alcalde do Concello, Xosé A. Lorenzo, celoso administrador da memoria de Mondariz-Balneario, que deu a benvida aos participantes. O académico Xosé Ramón Barreiro aleccionounos sobre os perfís biográficos de Enrique Peinador Lines e o seu activismo militante do galeguismo do seu tempo. Un empresario que soubo combinar con sabedoría e acertó o éxito internacional daquel balneario coa defensa da nosa identidade e de todas as súas manifestacions singulares.
 O Foro E. Peinador, en liñaco que vén postulando desde asúa creación, trasladoulles aos señores académicos a súa preocupación polo Día das Letras Galegas que considera unha práctica reducionista da cultura e lingua galega. Desde 1963 deica hoxe estivo dedicada ininterrumpidamente a poetas e novelistas. Aínda sendo positivo o labor realizado neste dilatado período de tempo é o momento de reorientar a sua celebración para facer fincapé noutras e novas mensaxes dirixidas a outros
 sectores da sociedade moitos máis númerosos c decisivos no porvir de Galicia que o do mu ndo da cultura. Compre recuperar < > diálogo con eses axentcs sociais e nomeadamente o empresarial para que o discurso da galeguidade sexa transversal e global facéndoos copartícipes da regaleguización de Galicia. Por esta razón o Foro F. Peinador vén de propoñerlleá Real Academia Galega que o Día das Letras Galegas de 2015 se lie dedique a Enrique Peinador Lines ou a Isidro Parga Ponda! que, amáis de académicos, foron modelos de empresarios no compromiso coa causa galega, sendo este último investigador de recoñecido prestixio internacional. Ao tempo, pídesellc á RAG un oportuno achegamento ao proceso de normalización idiomático instando ás cen empresas máis importantes do País a fomentar o uso da lingua galega nas relacions laboráis, nasinalética, páxinas web, nóminas, publicidade e etiquetaxe.
 É urxente recuperar o diálogo entre a empresa e a identidade galega seguindo as experiencias históricas de empresarios modélicos como Enrique Peinador Lines, Isidro Parga Ponda!, Antonio Fernández, Ramón Obella Vidal, Alvaro Gil, Xesús Canabal, na diaspora, Isaac Díaz Pardo, Ramón Castromil e Valentín Paz Andrade a quen, por certo, se lie dedicou o Día das Letras do ano 2012 obviando a súa condición de empresario e desaproveitando, xa que logo, esa circunstancia para tecer o discurso da galeguidade empresarial. A transversalidade da política lingüística é clave fundamental para que o noso idioma se asente noutros espazos de uso; o empresarial debe ser unha prioridade inaprazable. O encontró foi positivo porque quedaron as portas abertas a futuras colaboracións e o compromiso da Academia de debateren as propostas do Foro E. Peinador no próximo plenario.

Descargar PDF
ENLACES DE INTERÉS

PATRONATO
EMPRESAS COLABORADORAS