Noticias
23-04-2014
EMPRESARIOS E ACADÉMICOS

 

XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ. Presidente do Foro E. Peinador.

 Nunca acontecerá tal cousa desde que se fundara a Real Academia Galega; pero foi así: unha ampla representacions dos seus académicos co seu presidente reuníronse co Foro E. Peinador os pasados días no Balneario de Mondariz para debatermos proxectos de normalización lingüística. \ anfitrioa de tal encontró foi a Fundación Mondariz-Balneario que retomando o fío da historia quixo rememorar aquelas xuntanzas que Enrique Peinador Lines tina por costume convocar para poner en marcha iniciativas que artcllasen a sociedade galega arredor da innovación e galeguidade; un idealista e ilusionado!" de grata memoria. Nun ambiente distendido e con todas as formalidades do caso fóronse sucedendo as intervencions de académicos e empresarios ás que se uníu a do alcalde do Concello, Xosé A. Lorenzo, celoso administ rador da memoria de Mondariz-Balneario, que den a benvida aos participantes. O académico Xosé Ramón Barreiro aleccionounos sobre os perfís biográficos de Enrique Peinador Lines e o seu activismo militante do galeguismo do seu tempo. Un empresario que soubo combinar con sabedoría e aceito o éxito internacional daquel balneario coa defensa da nosa identidade e de todas as súas manifestacions singulares.

 O Foro E. Peinador, en liña co que vén postulando desde a súa creación, trasladoulles aos señores académicos a súa preocupación polo Día das Letras Galegas que considera unha práctica reducionista da cultura e lingua galega. Desde 196.3 deica hoxe estivo dedicada ininterrompidamente a poetas e novelistas. Aínda sendo positivo o labor realizado neste dilatado período de tempo é o momento de reorientar a sua celebración para facer fincapé noutras e novas mensaxes dirixidas a outros sectores da sociedade moitos máis numerosos e decisivos no porvir de Galicia que o do mundo da cultura. Compre recuperar o diálogo con eses axentes sociais e nomeadamente o empresarial para que o discurso da galeguidade sexa transversal e global fac éndoos copartícipes da regaleguización de Galicia.

Por esta razón o Foro E. Peinador vén de propoñerlle á Real Academia Galega que o Día das Letras Galegas de 2015 se lie dedique a Enrique Peinador Lines ou a Isidro Parga Pondal que, amáis de académicos, foron modelos de empresarios no compromiso coa causa galega, sendo este último investigador de recoñecido prestixio internacional. Ao tempo, pídeselle á RAG un oportuno achegamento ao proceso de r ormalización idiomático instando ás cen empresas máis importantes do País a fomentar o uso da lingua galega nas relacions laboráis, na sinalética, páxinas web, nóminas, publicidade e etiquetaxe.

 É urxente recuperar o diálogo entre a empresa e a identidade galega seguindo as experiencias históricas de empresarios modélicos como Enrique Peinador Lines, Isidro Parga Pondal, Antonio Fernández, Ramón Obella Vidal, Alvaro Gil, Xesús Cañaba , na diaspora, Isaac Díaz Pardo, Ramón Castromil e Valentín Paz Andrade a quen, por certo, se lie dedicou o Día das Letras do ano 2012 obviando a súa condición de empresario e desaproveitando, xa que logo, esa circunstancia para tecer o discurso da galeguidade empresarial.
 A transversalidade da política linguist ica é clave fundamental para que o noso idioma se asente noutros espazos de uso; o empresarial debe ser unha prioridade inaprazable.

O encontró foi positivo porque quedaron as portas abertas a futuras colaboracións e o compí omiso da Academia de debateren as propostas do Foio E. Peinador no próximo plenario.

Descargar PDF
ENLACES DE INTERÉS

PATRONATO
EMPRESAS COLABORADORAS