Fundación de Interés Gallego

Diario Oficial de Galicia. Venres, 20 de xuño de 1997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog: 118

Páxina do Dog: 5.950
Data da Disposición: 10 de xuño de 1997

Sección: III.

OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo: CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL
Rango: Orde
Título: Orde do 10 de xuño de 1997 pola que se recoñece de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego a Fundación Mondariz-Balneario.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Mondariz-Balneario, con domicilio en Mondariz-Balneario.

Supostos de feito:
Primeiro.-Ana Isabel Rodríguez Parada, na súa calidade de secretaria da fundación, en escrito do vintetrés de abril de mil novecentos noventa e sete, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.



Segundo.-A fundación constitúese en escritura pública outorgada en Mondariz-Balneario, o día oito de abril de mil novecentos noventa e sete, perante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Luis Darrieux de Ben, co número seiscentos oito do seu protocolo, por Agapito Abril Toucedo, Nicolás Alberte Meixengo, Carlos Álvarez Cid, José Álvarez Contreras, José Manuel Álvarez Graña, Antonio Bernardo Rubio, Xosé Manuel Carballido García, Javier Carrera Álvarez, Manuel Carlos Castiñeiras Arias, María del Pilar del Amo Fontán, Emilio del Río Bouzas, Pedro Díaz Torres, Adriano do Carmo Fernández, Manuel Domínguez Rivas, Isidoro Enes Faro, Félix Isidoro Enes Sierra, Bernardo Estévez Alfaro, José Carlos Estévez Lago, Francisco Expósito Rubinos, Eladio Fábregas Vázquez, José Luis Fernández García, José Juan Fernández Pérez, Antonio Freire Magariños, Carlos García Conde del Castillo, Flora Gutiérrez Blázquez, Antonio Herber Rodríguez Eichhorn, Jesús José  Herranz Areal, Manuel Iglesias Suárez, Matilde Juncal Fernández, Manuel Latas Rodríguez, María Teresa Lillo Pichel, José Fernando López Ramil, José Antonio Lorenzo Rodríguez, María Luisa Lorenzo Rodríguez, Lorenzo Montes Bugarín, Juan Oliveira Viéitez, José Manuel Ortigueira Bobillo, Juan Carlos Padín Nieto, Miguel Pereira Figueroa, José Enrique Pérez-Ardá Criado, José Pérez Giráldez, Manuel Perozo Ruiz, Baltasar Pujales Estévez, Juan Reboreda Enríquez, Marcial Rey Rey, Francisco Ribas Sio, Fernando Rodríguez Martín, Ana Isabel Rodríguez Parada, José Antonio Rodríguez Sánchez, Miguel Ángel Rodríguez Varela, Fernando Rubira Suárez, Antonio Salgueiro Armada, Javier Solano Rodríguez-Losada, José Soto Pregal, Jorge Tocino Maquieira, Ana Isabel Troncoso Blanco, Raimundo Viejo Viñas, Javier Pousa Carrera, interveñen en nome propio, e ademais, José Carlos Estévez Lago, en nome e representación como mandatario verbal de Manuel Solla Camino; Emilio del Río Bouzas, en nome e representación da entidade Ecovigo Publicidad, S.L.; José Antonio Lorenzo Rodríguez, en nome e representación como mandatario verbal de Félix Sancho Gracia, de Vicente Curras Franco, de José Varela Enríquez; Ana Isabel Rodríguez Parada, en nome e representación de David John Russell e como mandatario verbal de Ángel Abad Rodríguez Parada, en nome e representación de David John Russell e como mandatario verbal de Ángel Abad Bernárdez, Carlos Fernández Pato, Carlos Alberto González Príncipe, Alfonso Paredes Pardo, Manuel Pérez Fernández, Carlos Prado Soto, Sonia Margarita Rodríguez Parada, Benigno Varela Enríquez, José Manuel Cao Rodríguez, José Luis Alonso González, José Luis Estévez Alén, Ángel Luis Gómez Araújo, Horacio Gómez Araújo, Mariano Julián José Gómez-Ulla Álvarez, Antonio Graña Gómez, Fernando López Domínguez, Alfonso César Núñez Casal, María Elena Núñez Casal, Miguel Piñón Cimadevilla, María del Carmen Rodríguez Bruna e José Antonio Rodríguez Palacios, Pedro Díaz Torres como mandatario verbal de Joaquín Tuñas González, e Alfonso García Migón e Javier Solano Rodríguez-Losada en nome e representación da entidade mercantil Aguas de Mondariz, Fuente del Val, S.A. e como mandatario verbal de Manuel Barros Fachal. Esta escritura foi completada por outra posterior, outorgada en Vigo o dezaoito de abril perante o notario Alejo Calatayud Sempere co número mil seiscentos trinta e un do seu protocolo.



Terceiro.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública a proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Mondariz-Balneario, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei
7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1 e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura e Comunicación Social.



Cuarto.-Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 6 de maio de 1997 (DOG do 14) clasificouse como de interese cultural a Fundación Mondariz-Balneario, tendo en conta o disposto no artigo 32.3.a) do Regulamento de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego.



Quinto.-Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a satisfacción e colaboración de e en toda clase de temas intelectuais e artísticos, morais ou físicos.



Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, constan, entre outros, os seguintes puntos:
acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta a denominación da fundación como Fundación Mondariz-Balneario, capacidade xurídica, enderezo e obxecto.
O padroado da fundación estará constituído por Javier Solano Rodríguez Losada como presidente, Ana Isabel Rodríguez Parada como secretaria, José Antonio Lorenzo Rodríguez como vicepresidente primeiro, Javier Pousa Carrera como vicepresidente segundo e Emilio del Río Bouzas, Pedro Díaz Torres, José Enrique Pérez-Ardá Criado e Antonio Salgueiro Armada como vocais.


Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.



Segundo.-Conforme o artigo 32.3 a) do Regulamento de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego, así como o artigo 1 do Decreto 12/1990, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Mondariz-Balneario, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Cultura e Comunicación Social, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.



Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débense destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da súa dotación outros ingresos que non formen parte da súa dotación.



Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dálle nova redacción ó artigo 21. 2 da Lei 7/1983, establece a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data do remate do exercicio, unha memoria das actividades realizadas ó longo do ano e de xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data do peche do exercicio.
Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.



Quinto.-Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións da sección de Fundacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11.1 e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos 2, 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/1992. Por todo isto.

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Mondariz-Balneario.



Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección de Fundacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.



Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a formación do seu órgano de goberno.


Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obriga de dárlle-la publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a rende-las contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura e Comunicación Social
4796
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdoga@xunta.es

ENLACES DE INTERÉS

PATRONATO
EMPRESAS COLABORADORAS